CLAUSURA LUDOMEIS VERÁN 2017

No CPI Mosteiro do concello de Meis clausurouse as actividades de conciliación Ludomeis Verán 2017, na que un total de 250 nenos gozaron ao longo de 4 quincenas nos meses de xullo e agosto de actividades de difentes temáticas, complementadas con saídas á praia, excusiones e piscina.

A banda Municipal de Meis foi a encargada de abrir o evento no día de onte, na cal os nenos e pais asistentes puideron gozar de varias pezas musicais duns novísimos músicos, continuando a actividade nos inchables montados para a ocasión sendo un dos tobogáns acuático para o goce dos máis arriscados, a festa infantil terminou coa tradicional festa da escuma.

O alcalde José Luis Pérez agradece a todo o persoal ben do concello ou externo a súa gran dedicación e profesionalidade á hora da educación e coidado dos pequenos nos meses de verán, esperando que o ano que vén volvan gozar con este gran equipo.

EXPLORANDO MEIS

O pasado 31 de xullo rematou a actividade de lecer á mocidade de Meis, coa intención de dar a coñecer en profundidade as tradicións, o patrimonio artístico, lúdico, cultural e culinario da nosa vila. (máis…)

A FGF E O CONCELLO DE MEIS ORGANIZAN O PRIMEIRO CURSO INTENSIVO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O curso foi presentado  no Concello de Meis e desenvolverase do 7 ao 31 de agosto

A Federación Galega de Fútbol e o Concello de Meis poñen en marcha o primeiro curso de monitor de fútbol base de carácter intensivo que se celebra na provincia de Pontevedra. A actividade foi presentada esta mañá polo alcalde de Meis, José Luis Pérez, o directivo da FGF, Amancio Varela, e o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, que estiveron acompañados por representantes dos clubs de fútbol locais (Armenteira, Mosteiro e Zacande). (máis…)

Gran afluencia no I Torneo de Xadrez Concello de Meis

Máis de 50 xogadores de todas as idades disputan esta primeira edición enmarcada nas Festas patronais de San Bieito

Este xoves 6 de xullo celebrouse na parroquia de Mosteiro do Concello de Meis o “I Torneo de Xadrez Concello de Meis”, cun número destacado de participantes para ser a primeira edición do torneo e disputarse nun día laboral pola mañá. (máis…)

José Luis Pérez felicita ao Zacande Fútbol Club polo seu ascenso a 1ª Rexional e a Iago Monteagudo Campión de España K1 5000m, categoría Sub-20. Ano 2017

O alcalde José Luis Pérez quixo recoñecer os méritos obtidos no deporte por un Club no seu ascenso e a un palista nativo de Meis que sendo todavía moi novo ten un gran palmares no deporte profesional sendo campión de España en K1 5000m. da categoría Sub-20.
Para este recoñecemento citounos no Auditorio Municipal para entregarlles un agasallo  do Concello e así teñan un recordo e o agradecemento de José Luis Pérez persoalmente, e como alcalde de Meis, xa que como di Pérez, grazas ao labor destes deportistas o concello de Meis é máis recoñecido si cabe e anima á mocidade e aos non tan novos a practicar deporte. E como adoita dicir o alcalde en todas as intervencións “MEIS E OUTRA COUSA” mesmo no deporte de elite.

Inauguración exposición fotográfica e de pintura de Esperanza López Maquieira

Este fin de semana vén de facerse unha presentación  no centro cultural do concello de Meis dunha exposición fotográfica e de pintura realizada por Esperanza López, na cal se poden observar varios matices e as grandes diferenzas que ten a súa arte, ao poder comparar na súa pintura unha arte máis agresiva e dura como contrasta coa sinxeleza e a dozura dalgunha das súas fotografías.

No  acto de inauguración a representación do concello estivo a cargo da concelleira de Cultura Ofelia Barral, a cal exaltou as calidades  humanas e artísticas de Esperanza López, que tras sufrir desde hai anos a enfermidade de (pernas inquietas) refuxiase na fotografía e a pintura.

Todo o que o desexe pode gozar da exposición ata o 14 de Xullo no Centro Multiusos O Mosteiro, en Meis.