Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2013

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis unha subvención por importe de 40.620,85 € polo procedemento de concorrencia competitiva, para o financiamento da actuación “AMORTIZACIÓN ANTICIPADA DE DÉBEDA CON ENTIDADES FINANCEIRAS”, dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2013.

Actuación subvencionada coa colaboración da Deputación de Pontevedra – Servizo de Cooperación.

TES+BUS

Trátase do Programa de transporte escolar compartido, co que a Xunta de Galicia facilita os seus desprazamentos á poboación de zonas con escasos servizos de transporte público.
Nas rutas seleccionadas calquera persoa da zona poderá dispor das prazas libres do transporte escolar nos traxectos ata as vilas onde se atopan os colexios, atendendo sempre as indicacións da persoa acompañante dos escolares que viaxan no autobús.
Descargar: DIPTICO_Meis

ALUGUEIRO DE BAR NOS MUÍÑOS DE SERÉN

| A Armenteira

Data: 22/06/2009

Licitación: Procedemento negociado sen publicidade, mediante aluguer, da adxudicación de  BAR NOS MUÍÑOS DE SERÉN (A Armenteira).

Data presentación ofertas: 5 días naturais dende o día seguinte á recepción da invitación, ou no seu caso, do anuncio de licitación publicado nun dos diarios de maior tirada na Comunidade Autónoma de Galicia e no Perfil do Contratante.

Empresas convidadas:

  • Mariscos Forniños
  • Mª Isabel Limeres Dadín.
  • Estela Domínguez Figueiras.
  • José Millan Outeda.

 

Pregos: Pinchar aquí

Adxudicación Provisional: 27/08/2009 Pinchar aquí

Adxudicación Definitiva: 17/09/2009 Pinchar aquí