A necesidade de intervención arqueolóxica ven dada pola aplicación da normativa urbanística e patrimonial vixente á actuación de posta en valor que o Concello de Meis pretende acometer sobre un dos seus elementos arqueolóxicos máis singulares, o petróglifo do Outeiro do Cribo (GA36028016), que agocha un dos labirintos mellor executados e conservados de todo o panorama da arte rupestre.
Se informa de que el servicio móvil de nueva generación sobre la banda de frecuencia de 700 MHz de los principales operadores móviles se encontrará disponible en su localidad en fechas próximas. En una fase inicial, antes de su plena disponibilidad, verificaremos la calidad del servicio ofrecido a los ciudadanos.
Na Resolución de Alcaldía 2022-0362 do 22/07/2022, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do procedemento de selección para a contratación dunha persoa, funcionaria interina, na categoría de administrativo e a formación dunha bolsa de contratación na mesma categoría polo procedemento de concurso-oposición libre. O período de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://meis.sedelectronica.gal).
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para “Elaboración plan de mobilidade sostible”, por un importe de 12.520,00€, con cargo ao Plan Concellos 2021-liña 1.
Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeulle ó Concello de Meis unha subvención para financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas na convocatoria do PIREP LOCAL, por un importe de 4.840€, para “REHABILITACIÓN DE CENTRO DEPORTIVO PARA A MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA E CONDICIÓNS DE SALUBRIDADE”.
Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación Provincial de Pontevedra
Con motivo da renuncia voluntaria por parte das persoas seleccionadas que figuran na Acta do Tribunal do 15 de xuño de 2022, procédese a solicitude de ampliación de oferta de Emprego para un posto de peón forestal no programa APROL RURAL 2021
Na Resolución de Alcaldía 2022-0162 do 20/04/2022, aprobáronse as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación interina dunha persoa na categoría de ordenanza e a confección dunha listaxe de reserva na mesma categoría mediante o sistema de concurso oposición libre. O período de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar dende o seguinte ao do publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello (https://meis.sedelectronica.gal).
A Deputación de Pontevedra concedeulle ao Concello de Meis na súa sesión ordinaria da Xunta de Goberno do 18 de febreiro de 2022, unha subvención por importe de 106.106,22 € con cargo ao PLAN CONCELLOS 2022-2023_LIÑA 3: EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E O FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS, para levar a cabo a contratación de 11 persoas desempregradas que reúnan preferentemente os requisitos establecidos na Base Oitava do citado plan (BOPPO nº 230, do 27 de novembro de 2021).
Os contratos serán a xornada completa e terán unha duración de 6 meses.
As ocupacións que se van a solicitar ao Servizo Público de Emprego de Cambados nos vindeiros días son as seguintes:
OCUPACIÓN
Nº POSTOS
CÓDIGO OCUPACIÓN
Albanel
1
7121
Electricista
1
7510
Fontaneiro/a
1
7221
Pintor/a
1
7212
Carpinteiro/a
1
7131
Peón obras públicas en xeral
4
9601
Peón forestal
2
9543
Tódalas persoas interesadas nesta convocatoria deberán comprobar a situación da súa inscrición no Servizo Público de Emprego de Cambados.